martes, 17 de xaneiro de 2023
O Concello presentará mañá na Feira Internacional de Turismo de Madrid a riqueza cultural e patrimonial da cidade da man do periodista ferrolán Luis Fraga
O alcalde, Ángel Mato, presidirá o acto, que baixo o lema ‘Quero Ferrolearte’ dará comezo ás 16 horas no pavillón número 9 do recinto feiral IFEMA. A Administración local cederá unha parte destacada do evento á presentación da próxima celebración da Semana Santa
O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, vai presidir mañá mércores, 18 de xaneiro, a presentación do Concello de Ferrol na Feira Internacional de Turismo (Fitur) que se celebra en Madrid entre os días 18 e 22 deste mes. O evento comezará ás 16 horas no stand de Tourgalicia, localizado no pavillón número 9 do recinto feiral IFEMA, e como ven sendo habitual o Concello cederá parte do seu de tempo para a presentación da Semana Santa de Ferrol.