martes, 17 de xaneiro de 2023
O Concello rexistra xa preto de 5.600 apoios da cidadanía á candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial
As persoas interesadas poden sumarse á iniciativa no enlace https://ferrolpatrimoniomundial.gal/adhesions/

O Concello de Ferrol continúa gañando apoios á candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial ‘Cidade de Ferrol. Porto da Ilustración’, un proxecto de cidade no que se pretende involucrar a axentes sociais, culturais e económicos da cidade. É unha “ilusión compartida”, explicou a concelleira de Patrimonio Histórico, Eva Martínez Montero, co convencemento de que “Ferrol cumpre cos requisitos e criterios para ser declarada algún día Patrimonio Mundial”, apuntou.