Novas

luns, 16 de xaneiro de 2023

O Concello publica as bases para participar no ciclo de teatro amador de balde ‘Domingos a Escena’

Pode atoparse toda a información en https://bit.ly/3QJNrb8


O Concello de Ferrol vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases para a participación nunha nova edición do ciclo de teatro amador de balde ‘Domingos a Escena’, que como cada ano se celebrará no centro cívico de Caranza. Este ano concentrarase entre o 2 de abril e o 18 de xuño e entre o 17 de setembro e o 17 de decembro. As representacións levaranse a cabo os domingos, ás 19 horas. 


Poden consultarse as bases e atopar os formularios de inscrición en https://bit.ly/3QJNrb8.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar