sábado, 14 de xaneiro de 2023
O Concello prepara cinco proxectos para aglomerar camiños e estradas en Covas, Esmelle, Doniños e Papoi
A concelleira de Medio Ambiente, Obras e Servizos, Ana Lamas, explicou que entre eles está a estrada a Faro Prior, que incluirá unha senda peonil que con miradoiros, barandas, zonas de descanso e sinalización
O Concello de Ferrol vén de encargar a redacción de proxectos básicos e de execución para un total de cinco novos aglomerados en varios tramos do rural: na estrada de Faro Prior e para unha senda para peóns (Cobas); no camiño C-35 (Cobas-Esmelle); estrada Ferrol-Doniños-San Xurxo (Doniños); camiño de Argo do Cal (Doniños); e camiño Confurco-Fontá (Papoi). En total, está previsto aglomerar arredor de 6.450 metros de lonxitude.