Novas

venres, 13 de xaneiro de 2023

O Concello estrea no rescate dunha foca ferida na praia de Santa Comba o vehículo de intervención 4x4 adquirido recentemente

Sucedeu na mañá de onte e o animal foi trasladado á Unidade de Coidados Intensivos de mamíferos de Nigrán


O Concello estrea no rescate dunha foca ferida na praia de Santa Comba o vehículo de intervención 4x4 adquirido recentemente

O Concello de Ferrol estreo na mañá de onte durante o rescate dunha foca ferida na praia de Santa Comba o vehículo de intervención 4x4 UTV (Utility Task Vehicle) que adquiriu recentemente para ampliar os medios loxísticos da Agrupación de Protección Civil de Ferrol. 


Tal e como explicou esta mañá o edil de Seguridade, Germán Costoya, tras o aviso dun particular a través do servizo 112 a Agrupación de Protección Civil de Ferrol procedeu ao rescate do animal unha vez os técnicos da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) valorara o exemplar e recomendara a súa recollida e traslado á Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de mamíferos de Nigrán. Neste senso, Costoya apuntou que se trata dun “magnífico estreo” para o novo vehículo da área de Seguridade do Concello de Ferrol. 

Por parte da Agrupación de Protección Civil, participaron no rescate tres efectivos da Unidade de Medio Ambiente e dous do Grupo Operativo de Apoio (GOA). 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar