xoves, 12 de xaneiro de 2023
O Concello inicia a renovación do parque infantil de Praza Vella, que contará cun tren de tres pezas, tobogáns, bambáns, unha cesta, un balancín e un xogo resorte
Tamén se delimitará e pintará o campo de baloncesto, pintarase unha vía de tren ao longo do espazo infantil e substituirase o chan por outro de caucho continuo. A Administración local destina a esta actuación preto de 40.000 euros
O Concello de Ferrol continúa apostando pola mellora e posta a punto dos parques infantís da cidade co recente inicio, onte mesmo, da renovación integral do de Praza Vella, no barrio de Ferrol Vello, unha intervención á que a Administración local vai destinar preto de 40.000 euros. A renovación do parque inclúe a instalación de cinco novos xogos e a reparación de dous dos actuais: o balancín e os bambáns. Neste último substituirase un dos asentos por outro inclusivo.