mércores, 11 de xaneiro de 2023
Germán Costoya entregoulles os certificados de soporte vital básico e desfibrilación automática aos operarios do mercado de Recimil que fixeron o curso promovido polo Concello
Tras a instalación de desfibriladores semiautomáticos, ofrecéuselles aos profesionais a posibilidade de formalos no seu manexo e en situacións de emerxencias

O concelleiro de Mercados, Germán Costoya, entregoulles esta mañá os seus certificados aos operadores do mercado de Recimil que participaron no curso de soporte vital básico e desfibrilación automática promovido polo Concello de Ferrol. Despois da instalación de seis desfibriladores automáticos nos mercados municipais, no Centro Torrente Ballester, na Biblioteca e no propio Concello, a cidade conta xa con 40 dispositivos repartidos por diferentes dependencias municipais.