martes, 10 de xaneiro de 2023
O Concello intensifica a promoción da obra e vida do arquitecto Rodolfo Ucha entre a cativada de Ferrol coa edición de dous publicacións educativas sobre Modernismo
A edil de Patrimonio Histórico, Eva Martínez Montero, apuntou que o material está dispoñible para os centros escolares da cidade interesados en traballar con el. O obxectivo é continuar coa posta en valor do seu traballo “e implicar aos máis pequenos da cidade, para que coñezan a riqueza patrimonial do lugar no que residen”, indicou

O Concello de Ferrol vén de intensificar a divulgación e promoción da vida e obra do arquitecto Rodolfo Ucha (Vigo, 27 de setembro de 1882 - Ferrol, 27 de xaneiro de 1981) coa edición de dous publicacións dirixidas aos escolares da cidade. A concelleira de Patrimonio Histórico, Eva Martínez Montero, apuntou que o material está dispoñible para os centros escolares de Ferrol interesados en traballar con el nas aulas. Unha contén dez láminas de edificios de estilo modernista deseñados polo arquitecto e outra repasa de xeito sinxelo e atractivo a súa vida e traxectoria.