martes, 10 de xaneiro de 2023
A mostra do fotógrafo Ángel Manso e a pintora Sofía Piñeiro organizada polo Concello no centro municipal Torrente Ballester recibiu 1.200 visitas
Rematou a finais de ano tras dous meses e medio de exposición

A mostra Gerundios y suspiros, do fotógrafo Ángel Manso e a pintora Sofía Piñeiro, ambos ferroláns, que o Concello de Ferrol expuso no centro municipal Torrente Ballester entre mediados de outubro e finais de decembro recibiu arredor de 1.200 visitas.
A mostra estivo formada por preto dun centenar de obras, entre fotográficas e
pictóricas, que reflicten a través do arte escenas cotiás. A exposición conxunta tratou de
poñer en común temáticas e inspiracións de ambos artistas e tamén pezas independentes
entre elas.
Ángel Manso (Ferrol 1975) traballa como fotoxornalista na Voz de Galicia dende
hai catorce anos. É graduado en deseño gráfico na Escola de Artes Ramón Falcón de
Lugo (2000) e conta con estudos de fotografía artística na Escola de Artes Pablo Picaso
da Coruña(2003). Formouse tamén nos talleres da UDC de Fotografía Avanzada e nos
de PhotoEspaña con Alberto García Alix (2009). Como fotógrafo social que é, as súas
imaxes teñen como centro o ser humano así como as circunstancias que o rodean.
Entre as súas exposicións están Arrebatados¸ na Casa da Cultura de Pontedeume
(2008), Carácter Celta no Festival do Mundo Celta de Ortigueira (2010) e Ferrol
V.O., en Estudo Aberto de Ferrol (2015). Ademais destas, participou nunha ducia de
colectivas nas cidade da Coruña, Ferrol e Madrid. Foi tamén finalista do concurso internacional de Foto Nikon no Concurso Internacional de Fotografía Helie. No ano
2019 foio gañador do certame Galicia en Foco.
Pola súa banda, Sofía Piñeiro (Ferrol 1981) é licenciada en Belas Artes e traballa
como pintora profesional realizando traballos por encargo de pequeno tamaño e tamén
de grandes dimensións, así como pintura mural. No seu taller imparte cursos de pintura
a pequenos e adultos dende o ano 2009.
Na súa traxectoria protagonizou unha ducia de exposicións individuais, como A
sartén por el mango, na Casa da Muller de Ferrol; Buñuelos de viento, huesos de santo,
en Cuenca; e No somos nadie, en Ferrol. Tamén participou en mostras colectivas en
cidades como Cuenca, Coruña, Ferrol, Santiago ou París, entre outras.