mércores, 04 de xaneiro de 2023
O Concello celebra unha nova edición do programa Teatro Veciñal, con obradoiros impartidos por Helga Méndez
O prazo de inscrición xa está aberto a través do correo electrónico teatrovecinal@ferrol.es ou no teléfono 697 842 625

O Concello de Ferrol celebra unha nova edición do programa municipal Teatro Veciñal, cuns obradoiros impartidos pola ferrolá Helga Méndez. A actividade comezará na terceira semana de xaneiro e prolongarase ata o mes de xuño. Mesturará aulas prácticas con encontros e a creación de obras orixinais.
O Concello continúa así cun proxecto que procura facilitar o acceso da cidadanía
ás creacións artísticas de calquera disciplina. Os talleres terán un enfoque
completamente práctico e estarán dirixidos a todas as persoas interesadas no teatro, con
ou sen experiencia previa. Trátase dunha proposta orientada a acompañar ao alumnado
no descubrimento do proceso teatral dende cero: a representación, a técnica, o vestiario
a actitude e, sobre todo, a paixón pola dramaturxia. Para culminar o proxecto, crearase
de forma grupal unha peza teatral por cada un dos obradoiros.
Helga Méndez impartirá as formacións os martes de 18.00 horas a 21.00 horas no
centro municipal Municipal Torrente Ballester e os venres de 18.00 a 21.00 horas no
local social de Pazos. O alumnado estará divido en dous grupos, un por día, cun
máximo de 20 persoas.
O prazo de inscrición, de balde, para persoas a partir dos 16 anos xa está aberto e
rematará o día 13 deste mes. Pode facerse a través do correo electrónico teatrovecinal@ferrol.es ou no teléfono 697 842 625. A asignación de prazas será por
orde de inscrición. Pola súa banda, os documentos para formalizar a inscrición tanto no
Torrente Ballester como no local social de Pazos poden atoparse na web municipal, no
Taboleiro de Anuncios https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnuncios.