mércores, 04 de xaneiro de 2023
O alcalde e os voceiros dos grupos municipais acordan unha declaración institucional en defensa da instalación en Ferrol do polo I+D en enerxías renovables
Ángel Mato xa manifestara en varias ocasións ao longo dos últimos días que o centro que se vai crear no marco do Fondo de Transición Xusta anunciado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica “ten que estar obrigatoriamente aquí, na cidade, porque Ferrol é o centro dunha comarca que xa está a liderar a industria da eólica mariña e con ambiciosos proxectos en marcha relacionados co hidróxeno verde”. O rexedor reiterou que “a localización máis evidente” para a sede deste novo polo é o Centro de Innovación e Servizos (CIS) da Cabana, pero se non é posible instalar o polo alí o Concello “estaría disposto a ceder un espazo municipal axeitado ás n

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e os voceiros dos grupos municipais do Concello —Bloque Nacionalista Galego, Ferrol en Común, Partido Popular e Partido Socialista— acordaron unha declaración institucional para demandar á Xunta de Galicia a instalación en Ferrol da sede do polo de I+D en enerxías renovables, mariñas e almacenamento que se vai crear no marco do Fondo de Transición Xusta anunciado o pasado 21 de decembro polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico logo de que a Comisión Europea aprobara o Programa de Transición Xusta de España, que inclúe o Plan Territorial de Transición Xusta. Nel inclúense as actuacións elixibles para executar os 868 millóns de euros correspondentes ás axudas do Fondo de Transición Xusta, dos que se beneficiarán os territorios afectados polo peche de minas de carbón e centrais térmicas dese combustible. O 96 % desa dotación económica, da que a Galicia lle corresponden 111 millóns de euros, será xestionada polas Administracións autonómicas.