A programación de Nadal deseñada polo Concello de
Ferrol continúa esta semana na carpa da praza de Armas con multitude de actividades.
Hoxe luns, 2 de decembro, ademais de servizo de ludoteca e pasarrúas, pola tarde
proxectarase na carpa de Nadal a película ‘Canta 2’, ás 19 horas (inicialmente estaba
prevista ‘Polar Express’, que se poderá ver mañá martes). Esta tarde, de 16 a 19 horas,
haberá obradoiro de instrumentos, danza e xogos tradicionais.
As propostas para estes días continúan mañá martes, 3 de xaneiro, co servizo de
ludoteca de 11 a 13.30 horas e de 17 a 20.30 horas. Pola mañá volverá a animación ás
rúas de Ferrol co pasarrúas ‘Personaxes de Disney’, que estará en Ultramar de 11.45 a
12.30 horas; en Catabois de 12.45 a 13.30 horas; en Canido de 17.30 a 18.40 horas e no
barrio da Magdalena de 18.50 a 20 horas.
A actividade na carpa volverá pola tarde, de 16 a 19 horas, con xogos de mesa en
familia e un campionato de twister. A xornada rematará coa proxección ás 19 horas da
película ‘Polar Express’ (en lugar de ‘Canta 2’, que se proxecta hoxe luns).
Obradoiros de Nadal e showcooking do restaurante Frank para o mércores
O programa para Nadal inclúe para o mércores novas actividades, como pasarrúas a
cargo de ‘Paxes reais e panxoliñas’ por Canido de 11.45 a 12.30 horas; en A Magdalena
de 12.45 a 13.30 horas; en Ultramar de 17.30 a 18.40 horas e por Catabois de 18.50 a 20
horas. Pola tarde, de 16 a 18 horas a carpa de Nadal da praza de Armas acollerá un
obradoiro de balde de coroas, cartas e caixa de correos xigante e de 18 a 19 horas un
showcooking a cargo de Gonzalo Pérez e Blanca Tello, do restaurante Frank. O
mércores haberá unha nova sesión de cine, ás 19 horas, co filme ‘Los Goonies’ e o
servizo de ludoteca estará operativo de 11 a 13.30 horas e de 17 a 20.30 horas.