Novas

luns, 05 de decembro de 2022

O Concello estrea no Cantón a ‘Paxareira do Nadal’, cunha gran árbore, preto de 90 flores de pascua, 8 abetos naturais, un gran belén, crebanoces de madeira e multitude de adornos típicos destas datas

O alcalde, Ángel Mato, visitou esta mañá o novo atractivo de Nadal e conversou cos veciños que se atoparon ao Cantón para gozar dos seus rechamantes elementos. Conta tamén cun Papá Noel, renos, cans husky, osos polares e bolas e bonecos de neve, entre outros adornos


O Concello estrea no Cantón a ‘Paxareira do Nadal’, cunha gran árbore, preto de 90 flores de pascua, 8 abetos naturais, un gran belén, crebanoces de madeira e multitude de adornos típicos destas datas

O Concello de Ferrol estreou esta mañá no Cantón de Molíns a ‘Paxareira do Nadal’, un novo atractivo de Nadal que se suma ao alumeado e aos grandes elementos de luz repartidos polo centro da cidade. Neste caso, o Concello vén de dotar de multitude de adornos de Nadal ao espazo acristalado da Alameda de Suances, cunha gran árbore elevada ata os preto de 4 metros de alto como elemento central. 


O alcalde, Ángel Mato, acompañado pola concelleira de Obras e Servizos, Ana Lamas, visitou esta mañá a nova ‘Paxareira do Nadal’ e conversou cos veciños que se atoparon ata o Cantón para gozar dos seus rechamantes elementos. Rodean a árbore oito abetos naturais e preto de 90 flores de pascua —entre vermellas e brancas—, un nacemento de gran tamaño, tres crebanoces de madeira de diferentes tamaños —o de maior dimensión con movemento—, unha familia de cans husky, osos polares, bonecos e bolas de neve, farois, renos, e un gran Papá Noel, entre outros elementos, todos eles alumeados con preto de 18.000 bombillas led, de baixo consumo. 

Unha gran árbore co mensaxe 
Entre a multitude de adornos de Nadal que colgan da gran árbore que preside a nova ‘Paxareira de Nadal’ hai repartidas ata 23 palabras en madeira branca, como Esperanza, Amistade, Paz, Nadal, Ilusión, Unión ou Igualdade. Este novo atractivo de Nadal poderá visitarse ata o día 7 de xaneiro incluído.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar