luns, 05 de decembro de 2022
O alcalde recibe ao equipo contra a violencia de xénero da Policía Local de Ferrol, que recibiu o recoñecemento de Axempol polas súas boas prácticas policiais
Ángel Mato destacou da unidade Vioxen o seu importante labor na cidade e agradeceulle o traballo que desenvolve desde a súa posta en marcha, hai dous anos

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, recibiu esta mañá no pazo municipal aos integrantes da unidade da Policía Local de Ferrol destinada á loita contra a violencia de xénero, denominada Vioxen, despois de que o pasado 1 de decembro recibira o recoñecemento ás súas boas prácticas policiais por parte da Axempol, a asociación de xefes e mandos da Policía Local de Galicia, durante o seu congreso bianual.