Novas

xoves, 24 de novembro de 2022

O Concello celebra esta fin de semana unha nova actuación do festival infantil de balde Festea

Será estreo mundial o próximo sábado, 26 de novembro, ás 18.30 horas no centro cívico de Caranza


O Concello celebra esta fin de semana unha nova actuación do festival infantil de balde Festea

O festival de teatro de monicreques ‘Festea’ deseñado polo Concello de Ferrol para o público familiar ofrece esta fin de semana unha nova actuación. Será estreo mundial e terá lugar este sábado, 26 de novembro, no centro cívico de Caranza, ás 18.30 horas, coa obra ‘As marionetas tamén teñen corazón’, da compañía portuguesa Rui Sousa Marionetes. Para todos os públicos. 


O acceso a todas as actuacións é de balde aínda que é necesario retirar entrada no despacho de billetes do Teatro Jofre ou no mesmo lugar do espectáculo desde unha hora antes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar