Novas

xoves, 24 de novembro de 2022

O Concello preside a primeira reunión técnica con Armada e Xunta para impulsar a candidatura de Ferrol a patrimonio mundial

A edil de Patrimonio Histórico anunciou unha folla de ruta cara ao 2023 cos pasos pendentes para a conclusión do expediente, novas actividades de promoción da proposta ferrolá e avances no traballo conxunto entre as tres partes. Eva Martínez Montero avanzou que se está a conformar un equipo director con grandes expertos internacionais en patrimonio


O Concello preside a primeira reunión técnica con Armada e Xunta para impulsar a candidatura de Ferrol a patrimonio mundial

O Concello de Ferrol, Armada e Xunta mantiveron esta mañá a primeira reunión técnica a tres bandas para dar continuidade ao traballo iniciado no primeiro encontro de finais de setembro no que as partes acordaron avanzar conxuntamente no camiño a patrimonio mundial da candidatura ‘Cidade de Ferrol. Porto da Ilustración’. 


A concelleira de Patrimonio Histórico, Eva Martínez, presidiu a reunión técnica da nova mesa de traballo, que tivo lugar no pazo municipal. Durante a mesma abordouse a folla de ruta para o ano 2023, que inclúe os pasos pendentes para a conclusión do expediente, novas actividades de promoción da proposta ferrolá e avances no traballo conxunto entre as tres partes. A edil anunciou que a nova mesa de traballo constituída hoxe reunirase cada tres meses —a próxima cita será en febreiro— e avanzou que na actualidade se está a conformar un equipo director que reunirá a grandes expertos a nivel mundial en patrimonio. A edil resaltou do encontro de hoxe que se desenvolveu “en absoluta harmonía” e “con total disposición a colaborar entre as partes”. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar