Novas

mércores, 23 de novembro de 2022

O Concello publica a listaxe provisional dos beneficiarios das axudas de 50 euros por neno para mercar agasallos de Nadal

Pode consultarse no Taboleiro de Anuncios da páxina municipal, no enlace https://bit.ly/3EUHWlt. Ata o día 7 de decembro incluído poden presentarse alegacións


O Concello de Ferrol xa publicou a listaxe provisional de beneficiarios das axudas municipais para mercar agasallos de Nadal, que consisten en 50 euros por neno. Pode consultarse no Taboleiro de Anuncios da web municipal, no enlace https://bit.ly/3EUHWlt


O prazo para presentar alegacións xa está aberto e rematará o día 7 de decembro incluído. Como dito día o Concello estará pechado, as persoas que desexen realizar este trámite o último día de prazo terán que entregar a documentación noutro rexistro oficial ou facelo por vía telemática. 

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, lembrou que este programa está destinado a familias que cumpran determinados criterios (por exemplo, de renda) e busca facilitarlles aos menores de ata 16 anos que o necesiten o acceso a regalos. Con esta convocatoria trátase de contribuír á igualdade entre os máis pequenos. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar