xoves, 06 de outubro de 2022
O Concello presenta a VI edición do festival de artes escénicas Fóra do Mapa, que se celebrará entre o 10 e 15 de outubro
As sesión serán de balde pero é necesaria a inscrición previa no correo reservasforadomapa@gmail.com. Abrirá o próximo luns cun obradoiro a cargo do director teatral Santiago Sánchez e rematará o sábado no Teatro Jofre cunha peza de Cristina Blanco
O Concello de Ferrol presentou esta mañá a programación da VI edición do festival de artes escénicas de Ferrol ‘Fóra do Mapa’, que se celebrará en espazos singulares do barrio da Magdalena desde o luns 10 de outubro ata o sábado 15. O concelleiro de Cultura, Antonio Golpe, acompañado pola directora artística do evento, Cristina Moreira, deu a coñecer os detalles do programa, que pode consultarse no enlace https://bit.ly/3ElYWBi