Novas

mércores, 21 de setembro de 2022

A procesión da Virxe da Mercé da tarde do sábado supoñerá peches de rúas no centro

Sairá ás 20 horas da Capelá da Mercé, na praza de Amboage, e percorrerá as rúas María, Pintor Imeldo Corral, Emilio Antón, Real, Arce, María e regresará á Capela da Mercé


A procesión da Virxe da Mercé da tarde do sábado supoñerá peches de rúas no centro

A procesión da Virxe da Mercé, que se celebrará o sábado día 24 de setembro, supoñerá peches de rúas ao seu paso. Sairá ás 20 horas da Capela da Mercé, na rúa María (Praza de Amboaxe) e terá unha duración aproximada de hora e media. Percorrerá as rúas María, Pintor Imeldo Corral, Emilio Antón, Real, Arce, María e regresará á Capela da Mercé. 


O evento leva asociado o corte das vías que percorre así como todas aquelas que o crucen. Este corte ao tráfico será puntual en todos os tramos e máis duradeiro nas rúas María, Real e Arce. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar