Novas

mércores, 03 de agosto de 2022

A Feira Medieval de Ferrol abrirá o venres cun centenar de expositores e obradoiros

Ocupará a alameda do Carbón, a rúa do Rastro, a praza Vella, Benito Vicetto e San Francisco, e ante a igrexa castrense situarase o campamento medieval


A Feira Medieval de Ferrol abrirá o venres cun centenar de expositores e obradoiros

FERROL, 3 DE AGOSTO. A Feira Medieval de Ferrol, que se celebrará do venres ao domingo, contará este ano con arredor de cen expositores e obradoiros. O concelleiro de Mercados, Germán Costoya, presentou esta mañá o evento, “que sempre ten un gran éxito na nosa cidade”, afirmou. Lembrou tamén que tras dous anos marcados pola pandemia (no 2020 non se celebrou e no 2021 só puido contar con pouco máis da metade de postos), nesta edición recuperará o seu formato habitual e o seu esplendor. “Volvemos con forza”, asegurou o edil.
As zonas de expositores repartiranse pola alameda do Carbón (onde haberá tamén espazo para un carrusel e espectáculos estáticos), a rúa do Rastro, a praza Vella (na que tamén haberá espectáculos, xunto coa Eira dos Nenos, deseñada para os máis pequenos, e os cabaliños), San Francisco e Benito Vicetto. Na praza de Juan Sebastián Elcano, ante a igrexa castrense, situarase o campamento medieval.
A ambientación contará con teatro de rúa, música e a participación da escola local de danza do ventre Shatki Danza, e ademais, colaborará na feira por primeira vez o mago Cayetano Lledó, cun programa de ilusionismo creado especialmente para esta fin de semana.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar