Novas

xoves, 23 de xuño de 2022

O Concello executa reparacións en beirarrúas e rúas do barrio do Inferniño

Polo momento actuouse en sete viarios: na Avenida de Viveiro e nos viarios Río Mera, Inferniño, Deporte, Río Xubia, Enxeñeiro Sánchez Bort e Fontaíña. Na actualidade estase a reparar outro tramo da rúa Río Xubia


O Concello executa reparacións en beirarrúas e rúas do barrio do Inferniño

O Concello de Ferrol continúa coas intervencións de mantemento e reparación de viarios da cidade e coidado do espazo público, un labor que nas últimas datas se está a concentrar no barrio do Inferniño, na contorna da Praza do mesmo nome. 


Polo momento actuouse en sete viarios: na Avenida de Viveiro e nas rúas Río Mera, Inferniño, Deporte, Río Xubia, Enxeñeiro Sánchez Bort e Fontaíña con intervencións para reparar tramos de beirarrúas que se atopaban en mal estado, como na Avenida de Viveiro ou na rúa Enxeñeiro Sánchez Bort, e no firme, como no caso recente da rúa Fontaíña. Na actualidade o Concello está a actuar noutro tramo da rúa Río Xubia. 

Os traballos en marcha inclúen tanto a mellora e mantemento de superficies peonís como a reparación de firmes, todo co obxectivo de mellorar a seguridade e acondicionar un espazo rodeado de vivendas, comercios e locais de hostalería. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar