xoves, 12 de maio de 2022
O alcalde recibirá mañá aos traballadores do CAMF para recoller as súas demandas e trasladarllas ao Imserso
O voceiro do goberno local, Julián Reina, asistiu hoxe á concentración convocada polo comité de empresa e a asociación de usuarios do centro para reclamar melloras
O alcalde, Ángel Mato, recibirá maña ao comité de empresa do Centro de Atención a Persoas con Diversidade Funcional de Ferrol (CAMF) para recoller as demandas que tanto o persoal coma a asociación de persoas residentes no centro están a formular. O obxectivo da reunión é dispoñer de información de primeira man, facilitada polos propios interesados, e así poder trasladarlla ao Imserso na procura de solucións á problemática do CAMF.