Novas

xoves, 12 de maio de 2022

O Concello inaugura mañá na Praza de Armas a Feira de Turismo ‘Expocidades’, cunha trintena de stands

A sexta edición deste evento terá lugar os días 13, 14 e 15 de maio e reunirá animación e degustacións de cidades de Galicia e do norte de Portugal


O Concello de Ferrol inaugurará mañá, venres 13 de maio, a sexta edición da Feira de Turismo ‘Expocidades’, que se celebrará ata o domingo na Praza de Armas. Reunirá unha trintena de casetas de cidades de Galicia e norte de Portugal nunha iniciativa conxunta co Eixo Atlántico. 


Durante tres días ofreceranse numerosas degustacións locais de comida e bebida —algunhas requiren inscrición previa—, distintas actuacións de animación e obradoiros. O horario do venres será de 13 a 21 horas, o sábado de 13 a 22 horas e o domingo de 11 a 19 horas. Pode consultarse todo o programa na web https://www.ferrol.gal/arquivos/documentos/PROGRAMA-EXPOCIDADES.pdf.

Dinamizar a cidade as fins de semana 
O alcalde inaugurará o evento mañá ás 13 horas. Trátase dunha cita que busca promover o turismo de proximidade entre as localidades e deputacións galegas e as portuguesas que forman parte do Eixo Atlántico. Ademais de promover o turismo, o Concello busca así seguir dinamizando a cidade coa celebración de actividades que logren atraer visitantes a Ferrol as fins de semana. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar