luns, 09 de maio de 2022
Cincuenta persoas poderán participar nunha “visita ilustrada” polas rúas ferrolás con motivo da feira Expocidades
Con motivo da feira de turismo Expocidades, que se vai celebrar esta fin de semana na praza de Armas, o Concello ten programada para o sábado ás 17.00 horas unha “visita ilustrada” por Ferrol. A actividade, de carácter gratuíto, inclúe un “aperitivo ilustrado”. Hai 50 prazas dispoñibles. As persoas interesadas poden anotarse no número de teléfono 660 152 563. A ruta comeza na Oficina de Turismo do Porto de Curuxeiras.
O Concello tamén aproveitará a feira Expocidades para sumar apoios á
candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial. Será coa axuda dos personaxes de Carlos
III, Jorge Juan e o marqués da Ensenada, que volverán percorrer as rúas do centro
informando sobre a candidatura.