luns, 09 de maio de 2022
A Oficina Municipal de Voluntariado ofrece un curso gratuíto sobre medio ambiente
O Concello vén de abrir o prazo de inscrición para un novo curso de formación na Oficina Municipal de Voluntariado, neste caso no ámbito do medio ambiente, e o obxectivo, promover próximas accións de reforestación na cidade. Será de balde e está dirixido tanto aos membros do equipo de voluntarios como a calquera persoa que desexe formar parte del.
A data de celebración será o 21 de maio. Comezará ás 10.00 e prolongarase ata
as 14.00. Terá lugar no Edificio Social (Sánchez Barcáiztegui, 35). As persoas
interesadas deben anotarse na Oficina de Voluntariado do Concello.