Novas

luns, 09 de maio de 2022

O Concello abrirá mañá o prazo para solicitar axudas para material escolar e para o servizo de comedor

As bases reguladoras da convocatoria publicáronse no número de hoxe do Boletín Oficial da Provincia (BOP) e xa se poden consultar no taboleiro de anuncios do Concello. A subvención dos almorzos e xantares para o vindeiro curso cubrirá o 100 % do custe e por primeira vez poderán obtela, ademais dos alumnos de centros públicos, os dos concertados


O Concello de Ferrol abrirá mañá o prazo para solicitar a axudas económicas para sufragar a o servizo de comedor escolar e a adquisición de material escolar para o próximo curso lectivo, 2022-2023. Hoxe publicáronse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases reguladoras da convocatoria. 


No primeiro caso, trátase de becas que cubrirán a totalidade do custo do servizo de comedor escolar. Unha das novidades destas bases é que nesta ocasión tanto nos centros públicos como nos concertados as axudas poderán ser en concepto de almorzo e de xantar (ata agora o almorzo era só para públicos). Na segunda liña o Concello ofrece axudas económicas para a adquisición de material escolar, que ascenden a 100 euros por neno. 

O prazo de solicitude é de 10 días hábiles a partir de mañá. As solicitudes deben presentarse a través do Rexistro Xeral do Concello. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar