Novas

luns, 09 de maio de 2022

O Concello rehabilitará as cubertas e as fachadas dos números 3 e 4 da rúa Somozas

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación dos traballos, cofinanciables con fondos do Feder


O Concello rehabilitará as cubertas e as fachadas dos números 3 e 4 da rúa Somozas

A Xunta de Goberno Local aprobou vén de aprobar o expediente de contratación administrativa correspondente ás obras comprendidas no proxecto básico e de execución de rehabilitación da envolvente dos números 3 e 4 da rúa Somozas, no barrio de Recimil. Así o informou o voceiro do goberno local, Julián Reina, tras a reunión celebrada esta mañá. Trátase dunha operación cofinanciable nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) “Ría de Ferrol, Cidade 2020”. Conta cun orzamento total de 368.701,47 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de 5 meses. 


Entre outras medidas, a intervención contempla o revestimento da fachada cun sistema illante (sistema integral de fachada tipo SATE) que permitirá limitar a demanda enerxética necesaria para alcanzar o benestar térmico en función do clima exterior e substituiranse as carpinterías exteriores por ventás dunha soa folla de aluminio de apertura oscilo-batente, con rotura de ponte térmica, vidro dobre con cámara e microaireadores. A utilización de vidro de seguridade permitirá conseguir unha ventilación segura das vivendas en plantas baixas sen que sexa necesaria a instalación de reixas. 

Ademais, entre as intervencións que se levarán a cabo atópase o desmonte completo da cuberta e estrutura actual para executar unha nova de madeira con illamento térmico, lámina impermeabilizante e tella. Instalaranse canles e baixantes de zinc, marquesiñas sobre os accesos aos portais, colocaranse ventilacións, habilitarse iluminación natural e artificial do espazo baixo cuberta, soterraranse os cables aéreos de electricidade e telefonía e intervirase nas acometidas de gas. 

Con esta actuación preténdese mellorar a eficiencia enerxética do edificio de vivendas e as súas condicións térmicas e de estabilidade, dando solución á falta de illamento térmico en toda a envolvente do edificio e ao mal estado da cuberta.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar