venres, 21 de xaneiro de 2022
Corte de tráfico entre Celso Emilio Ferreiro e Breogán por obras na rede de saneamento
A actuación terá lugar os días 24 e 25 de xaneiro

Emafesa informa que debido á necesidade de realizar unha actuación na rede de saneamento na estrada Alta do Porto é preciso cortar o acceso de vehículos no tramo comprendido entre as rúas Celso Emilio Ferreiro e Breogán.
O acceso quedará sinalizado mediante valado, e sinais de obra e a duración prevista para
a execución dos traballos no viario será os próximos días 24 e 25 de xaneiro.