venres, 21 de xaneiro de 2022
O Concello e Protección Civil celebrarán en febreiro a primeira Xornada de Rescate de tartarugas e mamíferos mariños
O concelleiro de Seguridade e Sanidade, Germán Costoya, anunciou esta mañá que a formación está dirixida a servizos municipais de Protección Civil, asociacións medioambientais que colaboran neste tipo de emerxencias e a corpos municipais en competencia na materia. A formación impartiraa a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) e terá lugar o 20 de febreiro, de 10 a 13 horas, no centro cívico de Caranza

O Concello de Ferrol vai celebrar en colaboración con Protección Civil de Ferrol e a Asociación Provincial de Protección Civil a primeira Xornada de Rescate de tartarugas e mamíferos mariños na cidade, que terá lugar o próximo 20 de febreiro, de 10 a 13 horas, no centro cívico de Caranza, tal e como anunciou esta mañá o concelleiro de Seguridade e Sanidade, Germán Costoya.