xoves, 20 de xaneiro de 2022
A lista de distribución de WhatsApp Ferrol+Conectado superou a finais de ano os 3.400 subscritores
As redes sociais do Concello rozan xa os 24.130 seguidores. O número do servizo é o 608 736 834, e para darse de alta só hai que agregalo á axenda de contactos e enviar unha mensaxe coa palabra “alta” e o nome e apelidos do solicitante

O servizo Ferrol+Conectado, a lista de difusión a través de WhatsApp do Concello, superou a finais do ano 2021 os 3.400 subscritores, que a diario se informan da actualidade municipal a través desta canle de comunicación. Con esta cifra, o conxunto de redes sociais do Concello de Ferrol rozan os 24.130 seguidores, xa que a páxina de Facebook supera os 12.100, o perfil de Twitter ten máis de 6.670, o de Instagram roza os 1.650 e o novo grupo de Facebook ‘Ferrol Participa’, activo desde finais de ano con información concreta sobre anuncios municipais, convocatorias de interese para o cidadá, cursos e obradoiros e prazos de inscrición, conta xa con preto de 300 seguidores.