para a subvención da
denominada Axuda 3 para gastos relacionados coas melloras ou modificacións
desenvolvidos por empresas co fin de adaptarse ao novo escenario derivado da crise do
covid-19. Trátase dunha segunda liña de subvenciones da terceira edición do PAME, o
Plan de Mantemento e Impulso da Actividade Económica deseñado polo Concello de
Ferrol coa finalidade de paliar os efectos negativos da covid-19 no tecido económico da
cidade.
Neste caso o importe máximo de subvención por persoa ou empresa é de 1.500
euros (IVE excluído). Con carácter xeral, serán subvencionables os gastos relacionados coa actividade económica da persoa beneficiaria realizados e pagados dende o 1 de
marzo de 2020 ata o 31 de decembro de 2021 referidos a medidas persoais de
protección –como máscaras, solucións alcohólicas ou dispensadores–; a adquisición de
medidores da calidade do aire (especialmente nos locais de hostalería); de loxística
derivada do incremento do comercio online ou de consumicións para levar (como
envases, embalaxes ou transportes); subministracións, como gas, combustibles ou
electricidade que tiveron un notable aumento na situación actual; ou gastos derivados
dunha maior presenza no canle de negocio online, como mantemento de páxinas web,
mantementos derivados do comercio online, posicionamento en buscadores ou xestión
de redes sociais.
A contía destinada a atender a Axuda 3 é de 386.448,99 euros, o crédito sobrante
da primeira convocatoria do PAME 3. Son fondos procedentes do cofinanciamento
entre a achega municipal (55,56%) e a subvención da Deputación Provincial da Coruña
(44,44%) ao abeiro do Convenio de colaboración entre a Deputación provincial da
Coruña e o Concello de Ferrol para financiar o proxecto de Liña de axuda única, gastos
correntes, do Plan de Mantemento e Impulso da Actividade Económica no termo
municipal de Ferrol (PAME3), no marco do Plan de Emprego Local–PEL.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes, exclusivamente por Sede Electrónica, é de 20
días hábiles a partir das 00.00 horas de mañá, 20 de xaneiro, ata as 23:59 horas do 16 de
febreiro a través da páxina
https://www.ferrol.gal:8443/cividas-core-web-ferrol/. A
concesión será tramitada por estrito orde de rexistro de entrada (data e hora) das
solicitudes ata esgotar o crédito inicial dispoñible. No caso de non presentar a solicitude
coa documentación completa, considerarase como data de rexistro de entrada (data e
hora) a última presentación relativa á devandita solicitude.
No Taboleiro de Anuncios do Concello de Ferrol (
https://www.ferrol.gal/Sede/
TaboleiroAnunciosAmpliar/578) poden consultarse as bases reguladoras, a convocatoria
e o extracto da convocatoria e os formularios.