Novas

mércores, 19 de xaneiro de 2022

O Concello avanza cara a converter Ferrol nunha cidade cardioprotexida coa instalación de 6 novos DESA en espazos públicos, sumando xa 38

O concelleiro de Sanidade e Seguridade, Germán Costoya, apuntou que se colocarán nos tres mercados municipais, na Biblioteca da Praza de España, no centro cultural Torrente Ballester e no pazo municipal. Explicou que “unha rápida intervención cun desfibrilador ante unha parada cardiorespiratoria pode marcar a diferencia entre salvar o non unha vida”


O Concello avanza cara a converter Ferrol nunha cidade cardioprotexida coa instalación de 6 novos DESA en espazos públicos, sumando xa 38

O Concello avanza cara a converter Ferrol en cidade cardioprotexida coa instalacións nas próximas datas de seis novos DESA (Desfibrilador Externo Semiautomático) en espazos públicos da cidade: nos mercados municipais da Magdalena, Caranza e Recimil, no centro cultural Torrente Ballester, na Biblioteca da Praza de España e no pazo municipal, tal e como anunciou esta mañá o concelleiro de Sanidade, Seguridade e Tráfico, Germán Costoya. 


Estes seis novos DESA súmanse aos 32 cos que xa conta a cidade, que se atopan no Teatro Jofre; no Auditorio; nos campos de fútbol de Aneiros, A Gandara e de Caranza; no Club de Remo da Cabana, no estadio da Malata, nos pavillóns da Malata, Casa do Deporte, Esteiro, FIMO, Inferniño e no polideportivo Gómez Noia. A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ferrol conta con outras 10 unidades e o servizo municipal de praias, que presta o servizo de socorrismo na tempada estival, con outros 9. 

En total, a cidade contará nos próximos días con preto de 40 DESA, o que supón “un paso máis para lograr que Ferrol se converta en cidade cardiorespiratoria”, apuntou o concelleiro. Ante unha situación de parada cardiorespiratoria “unha rápida intervención cun desfibrilador pode marcar a diferencia entre salvar o non unha vida”, lembrou Costoya. As expectativas de supervivencia “aumentan considerablemente cunha reacción inmediata con manobras de soporte vital básico e a desfibrilación precoz”. 

Formación regrada sobre o seu correcto uso
O concelleiro tamén anunciou esta mañá que a instalacións dos seis novos DESA irá acompañada de sesións de formación regrada para o persoal das dependencias nas que se atopan estes dispositivos. O obxectivo, dixo, “é que o maior número de persoas coñezan o seu funcionamento e deste modo aumentar as garantías de que se utilice nun momento de emerxencia”.

Arredor de 800 veciños de Ferrol formados en primeiros auxilios 
O concelleiro lembrou esta mañá que arredor de 800 veciños da cidade recibiron xa formación en primeiros auxilios grazas á campaña ‘Mans que salvan vidas’ posta en marcha polo Concello de Ferrol o pasado mes de novembro. O programa está dirixido a colexios de infantil e primaria, institutos de secundaria e bacharelato, profesorado, asociacións de veciños e clubs deportivos, entre outros colectivos, que se poden inscribir no número de teléfono de Protección Civil 981 32 00 00 ou completar o formulario en https://forms.gle/drxaAj3sjjXuRNm68. 

A campaña consta de catro módulos e impártese en colaboración coa Agrupación de Protección Civil de Ferrol. Xa recibiron formación alumnos do colexio Compañía de María, do centro de ensinanza Capuchino, do CEIP Cruceiro de Canido, membros das asociacións de veciños de San Xoán –Bertón e da Graña, alumnos do CIFP Rodolfo Ucha, do IES Concepción Arenal, do CEIP La Salle, do Club de Futbol Valdetires e do centro escolar Tirso de Molina. Nos próximos días o farán membros da asociación de veciños de Canido, o profesorado do CEIP Cruceiro de Canido, persoal e usuarios de Cáritas e alumnos dos CEIP Ferrolterra e Juan de Lángara e do colexio Cristo Rey.  



Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar