Novas

mércores, 19 de xaneiro de 2022

A XXXVIII Carreira de San Xiao do próximo domingo completa as 600 prazas da categoría absoluta

Aínda hai prazas para participar nalgunhas probas dirixidas a menores en https://bit.ly/3fyWvOp


A XXXVIII Carreira de San Xiao que organiza o Concello de Ferrol o próximo domingo, 23 de xaneiro, vén de completar en unha semana as 600 prazas da categoría absoluta e aínda hai dispoñibles para algunhas das probas para menores, que ofrecen 40 cada unha. Poden consultarse as prazas libres, o regulamento da proba e o percorrido en https://bit.ly/3fyWvOp


A carreira será de dez quilómetros e tanto a saída como a chegada situaranse nas proximidades do pavillón municipal de Esteiro. As inscricións poderán efectuarse ata as 22 horas do 20 de xaneiro ou ata rematar dorsais e a retirada de chips e dorsais poderase efectuar no pavillón polideportivo da Malata ao longo do venres 21 de xaneiro (de 16:30 a 20:30) e o sábado 22 (de 9.30 a 13.30 e de 16:30 as 20:30 horas). Tamén o domingo 23 de xaneiro, de 8 a 10:30 horas, no pavillón de Esteiro. 

Premiarase aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada unha das categorías absolutas e de menores e a entrega de trofeos terá lugar ao finalizar a carreira, sobre as 12:30 horas. O desenvolvemento desta edición cumprirá coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas no contexto da situación xerada pola covid-19. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar