luns, 17 de xaneiro de 2022
Preto de 20 persoas comezan un novo curso de construción organizado polo Concello, Cáritas e Apecco destinado a persoas en risco de exclusión
A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, participou esta mañá na inauguración deste novo ciclo, que constará dun total de 540 horas entre formación e prácticas

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, participou esta mañá na sede de Cáritas na inauguración da segunda edición do curso de reforma de interiores e revestimentos grazas á colaboración entre o Concello de Ferrol, Cáritas e Apecco (Asociación Provincial de empresarios da construción da Coruña). Nesta ocasión participan un total de 19 persoas, que gozará dun total de 540 horas —60 de formación en prevención de riscos laborais, outras 72 de formación específica nesta materia, 96 horas de prácticas en empresas e o resto formación práctica no Centro municipal de Emprego—.