martes, 11 de xaneiro de 2022
O Concello contrata as obras para protexer o viario municipal dos Corrás, en Esmelle
A concelleira de Obras, Servizos e Medio Ambiente, Ana Lamas, explicou esta mañá que se trata dunha intervención de “seguridade viaria” na marxe dereita do rego de Míguez

O Concello de Ferrol vén de contratar por 15.400 euros (sen impostos) a execución de obras para protexer o viario municipal dos Corrás, na súa marxe dereita do rego de Míguez, na parroquia de Esmelle, tal e como explicou esta mañá a concelleira de Obras, Servizos e Medio Ambiente, Ana Lamas.
Na actualidade, na zona de Cha da Mariña, nas proximidades da fonte do Conde,
hai unha obra de drenaxe transversal para permitir o paso inferior do leito fluvial do
regato de Míguez que cruza perpendicularmente a estrada que desde os lugares de
Burreiros e Codesal comunica co lugar de Castiñeira e alcanza a praia de Esmelle. A
dirección desta obra de drenaxe non coincide coa do regato e á saída da mesma se forma
un pequeno meandro que ao aumentar o caudal xera unha focha nas paredes de pedra e
terra, o que implica un problema de estabilidade da pista que leva a Os Corras.
Lamas explicou que por este motivo o Concello vai executar nas próximas datas
unha “obra de seguridade viaria” que consistirá na execución dunha escollera de
protección no borde dos camiños cunha lonxitude total de 22 metros que non alterará o
curso natural do arroio. O prazo de execución desta obra é de dous meses desde a firma
da correspondente acta de traza de planta.