Novas

xoves, 25 de novembro de 2021

O Concello rematará o programa ‘Andanzas Naturais’ para maiores de 60 anos cunha ruta pola praias de Sartaña e Ponzos

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, indicou esta mañá que será o 3 de decembro e os interesados deben inscribirse a través do correo ferrol@sghn.org ou nos números de teléfono 698 14 13 84 ou 881 93 13 15. Preto de 20 persoas participaron na última ruta, que percorreu a estación de bombeo da Malata e a depuradora de Prioriño


O Concello rematará o programa ‘Andanzas Naturais’ para maiores de 60 anos cunha ruta pola praias de Sartaña e Ponzos

O Concello de Ferrol pechará o programa ‘Andanzas Naturais’ cunha ruta polas praias de Sartaña e Ponzos o próximo 3 de decembro. Rematará así unha iniciativa municipal que se puxo en marcha a comezos de outubro con motivo do Día Mundial das Persoas Maiores, que se celebra cada 1 de outubro. O programa está dirixido a persoas de máis de 60 anos co fin de promover a práctica da actividade física. 


A edil de Benestar Social, Eva Martínez Montero, informou esta mañá que a actividade conta con 20 prazas e os interesados poden inscribirse a través do correo electrónico ferrol@sghn.org ou nos números de teléfono 698 14 13 84 ou 881 93 13 15. Un biólogo da Sociedade Galega de Historia Natural será o encargado de guiar a ruta do próximo 3 de decembro. A finais da pasada semana tivo lugar outra andaina, neste caso pola estación de bombeo da Malata e a depuradora de Prioriño.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar