Novas

luns, 22 de novembro de 2021

O Concello substituirá o adoquín da Praza do Callao por formigón no primeiro trimestre de 2022

O voceiro do goberno local, Julián Reina, anunciou esta mañá tras a Xunta de Goberno Local que tomarase como modelo a rúa Sol, con tres ringleiras de adoquín a cada lado e unha parte central destinada ao tráfico construída con formigón do mesmo tipo que o contemplado para a rúa da Igrexa. A Xunta de Goberno Local tamén aprobou a primeira fase da ampliación do cemiterio de Catabois para construír 1.500 novos nichos, un novo osario, realizar pavimentos e levantar muros de peche cun orzamento de 1,1 millóns de euros


O Concello substituirá o adoquín da Praza do Callao por formigón no primeiro trimestre de 2022

O Concello de Ferrol substituirá no primeiro trimestre do próximo ano 2022 o actual adoquín da Praza do Callao, entre as rúas Carmen e Rochel, por formigón, tal e como anunciou esta mañá o voceiro do goberno local, Julián Reina, tras a celebración da Xunta de Goberno Local de cada luns. 


Na sesión de hoxe aprobouse o proxecto para a reposición de lastras, unha actuación para a que se tomará como modelo a rúa Sol, con tres ringleiras de adoquín a cada lado e unha parte central destinada ao tráfico rodado construída con formigón do mesmo tipo que o contemplado para a rúa da Igrexa. Esta actuación, que xa dispón da autorización de Patrimonio, conta cun orzamento de 86.000 euros (con impostos). Reina anunciou que no mesmo barrio da Magdalena se actuará tamén na rúa Lugo, por de 71.000 euros (con impostos), onde igualmente se seguirá o modelo de Sol. 

O voceiro deu conta doutros proxectos aprobados na Xunta de Goberno Local de hoxe, como a primeira fase da ampliación do cemiterio de Catabois, que servirá para construír 1.500 novos nichos, un novo osario, se ampliará o saneamento de augas pluviais, o abastecemento de auga potable e o alumeado, realizaranse pavimentos e levantaranse muros de peche cun orzamento total de 1,1 millóns de euros (con impostos).

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar