Novas

venres, 19 de novembro de 2021

O Concello súmase á iniciativa de Nacións Unidas e celebrará en maio a Semana da Seguridade Viaria cunha batería de actividades de sensibilización

O edil de Seguridade e Tráfico, Germán Costoya, anunciou esta mañá que será a primeira vez que Ferrol reúna na cidade a “recoñecidos expertos e profesionais” na materia. Indicou que o obxectivo é “seguir avanzando para lograr unha cidade segura e saudable” e lembrou que o Concello recibiu esta semana o Premio ‘Educa Ciudad Zero’ polo seu rexistro de cero vítimas mortais no casco urbano por sinistros viarios en 2019


O Concello súmase á iniciativa de Nacións Unidas e celebrará en maio a Semana da Seguridade Viaria cunha batería de actividades de sensibilización

O Concello de Ferrol súmase á iniciativa de Nacións Unidas de celebrar a Semana Mundial para a Seguridad Viaria, que periodicamente se celebra en varias cidades do mundo. O concelleiro de Seguridade e Tráfico, Germán Costoya, anunciou esta mañá que Ferrol acollerá o próximo mes de maio, e por vez primeira, unha batería de actividades de sensibilización no marco de dita semana co obxectivo de “promover e fomentar a seguridade viaria na nosa cidade”. Para elo, o seu departamento xa está a traballar no deseño da programación, que está previsto que inclúa un congreso monográfico que reunirá a “recoñecidos expertos e profesionais” na material, diversas actividades vencelladas á seguridade viaria e un certame que premie os avances nesta materia, entre outras iniciativas.


Trátase dun foro no que se analizarán “propostas e novos contextos” ao tempo que se “incentivarán diferentes accións co ambicioso obxectivo de seguir reducindo o número de vítimas e feridos nas estradas”. 

Compromiso coa prevención 
Costoya insistiu en que o Concello de Ferrol continúa coa súa aposta pola seguridade viaria e lembrou que esta mesma semana recibiu o premio ‘Educa Ciudad Zero’, na súa categoría de plata, polo seu compromiso coa Educación para a Mobilidade Segura e Sostible e o seu rexistro de cero vítimas mortais no casco urbano por sinistros viarios no ano 2019. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar