Novas

luns, 15 de novembro de 2021

O Concello recibirá mañá o premio de seguridade viaria Educa Ciudad Zero na súa categoría de prata

O concelleiro de Tráfico, Germán Costoya, recollerá o galardón no marco do terceiro Congreso Internacional de Profesionais para a Seguridade e a Educación Viaria


O Concello de Ferrol recibirá mañá en Mollet del Vallès (Barcelona) o Premio Educa Ciudad Zero 2019 na súa categoría de plata. O concelleiro de Seguridade e Tráfico, Germán Costoya, recollerá o galardón, que se entregará durante a primeira das catro xornadas do terceiro Congreso Internacional de Profesionais para a Seguridade e a Educación Viaria (Cipsevi). Os Educa Ciudad Zero son premios concedidos pola Asociación Internacional de Profesionais para a Seguridade Viaria (Aipsev), creada no 2017. 


Costoya lembrou hoxe que a preocupación do Concello pola seguridade viaria vén de longo, e puxo como exemplo que nos anos oitenta xa se celebraron na cidade eventos como o Campionato de España de Parques Infantís de Tráfico e o Concurso Nacional de Seguridade Viaria en Ciclomotor. Así, destacou como fitos durante estas décadas a posta en marcha da Unidade de Educación Viaria dentro da Policía Local, a creación dun plan propio de seguridade viaria, o traballo de reeducación e reinserción de infractores, a creación dunha Mesa pola Mobilidade ou, máis recentemente, a instalación das pequeparadas nas inmediacións dos centros escolares. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar