Novas

venres, 12 de novembro de 2021

A Escola de Familias comezou esta semana o primeiro módulo de formación, no que se aborda as habilidades de comunicación no ámbito familiar, os límites, a prevención de condutas aditivas e os riscos d

A dil de Benestar Social, Eva Martínez Montero, lembrou que os pais interesados en participar poden facelo ao longo de todo o mes de novembro no correo prevencionasfedro@gmail.com. A formación correrá a cargo de membros de Asfedro (Asociación Ferrolá de Drogodependencias) e da asociación Ex Alcohólicos de Ferrolterra


A Escola de Familias comezou esta semana o primeiro módulo de formación, no que se aborda as habilidades de comunicación no ámbito familiar, os límites, a prevención de condutas aditivas e os riscos d

O Concello de Ferrol comezou esta mesma semana unha nova edición da Escola de Familias, que se desenvolve os mércores no Edificio Social (rúa Sánchez Barcáiztegui,35). As próximas xornadas serán os días 17 e 24 de novembro e o 1, 15 e 22 de decembro. 


A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, anunciou esta mañá que os pais e nais interesados en participar aínda poden anotarse ao longo de todo o mes de novembro a través do correo electrónico prevencionasfedro@gmail.com indicando nome e apelidos, número de fillos e a súa idade, teléfono de contacto e dirección de correo. A edil inaugurou o pasado mércores o primeiro módulo desta nova edición, que abordou en primeiro lugar as habilidades de comunicación no ámbito familiar. Martínez Montero deu a benvida aos participantes e desexoulles que aproveiten “todos os recursos que os profesionais van a aportar durante as sesións”. Tamén se tratarán asuntos como os diferentes estilos educativos, as normas e límites, os enfoques actuais da adolescencia, as drogas e as adiccións, a prevención de condutas aditivas e os riscos das novas tecnoloxías. 

A formación correrá a cargo de membros de Asfedro (Asociación Ferrolá de Drogodependencias) e da asociación Ex-Alcohólicos de Ferrolterra. Ao longo de todo o curso escolar desenvolveranse outros dous módulos para pais, un dedicado á educación na diversidade e outro sobre sexualidade.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar