Novas

xoves, 11 de novembro de 2021

O Concello mantén aberto o prazo de inscrición para unha nova ruta do programa ‘Andanzas Naturais’, neste caso pola estación de bombeo da Malata e a depuradora de Prioriño

A edil de Benestar Social, Eva Martínez Montero, lembrou esta mañá que o programa está dirixido a persoas maiores de 60 anos. A concelleira indicou que os interesados deben inscribirse a través do correo electrónico ferrol@sghn.org ou nos números de teléfono 698141384 ou 881931315


O Concello de Ferrol mantén aberto o prazo de inscrición para a próxima ruta do programa ‘Andanzas Naturais’, unha iniciativa municipal dirixida aos veciños maiores de 60 anos co fin de promover actividade física entre a poboación de maior idade. 


A edil de Benestar Social, Eva Martínez Montero, informou esta mañá que o próximo 19 de novembro, ás 10 horas, terá lugar unha ruta pola estación de bombeo da Malata e a depuradora de Prioriño. A actividade conta con 20 prazas e os interesados poden inscribirse ata o día 16, ás 14 horas, a través do correo electrónico ferrol@sghn.org ou nos números de teléfono 698141384 ou 881931315. O programa municipal ‘Andanzas Naturais’ púxose en marcha con motivo do Día Mundial das Persoas de Idade, que se celebrou o pasado 1 de outubro. Inclúe ata final de ano unha batería de andainas, a próxima o día 3 de decembro. 

Obradoiro de Musicoterapia
A concelleira tamén informou esta mañá do aprazamento ata despois de Nadal do obradoiro de Musicoterapia co fin de aumentar o prazo de inscrición para as persoas interesadas. Poden anotarse a través do Taboleiro de Anuncios do Concello, no enlace: https://www.ferrol.gal/arquivos/documentos/benestar/musica-sen-enrugas/ Inscricion_musica_sen_enrugas.pdf.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar