Novas

mércores, 10 de novembro de 2021

O Concello aumenta a súa achega ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, indicou que Ferrol referenda o seu compromiso coa entidade e pasa de colaborar con 3.410,16 euros ao ano a unha achega de 5.138,32 euros para o próximo ano 2022


O Concello de Ferrol referenda o seu compromiso co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, indicou tras participar vía telemática na última asemblea xeral do organismo, a finais de outubro, que a Administración local aumenta a súa achega á entidade ao pasar dos 3.410,16 euros anuais a 5.138,32 euros para o exercicio 2022. 


Martínez Montero aproveitou para lembrar que o Premio Solidario ‘Cidade de Ferrol’ impulsado polo Concello conta este ano por primeira vez cunha segunda categoría destinada a iniciativas no eido da cooperación internacional que premia con 4.000 euros o proxecto mellor valorado. O Fondo Galego de Cooperación e solidariedade é unha asociación sen ánimo de lucro integrada por administracións locais de Galicia co fin de contribuír á erradicación das desigualdades a través de proxectos de cooperación ao desenvolvemento con países empobrecidos e a sensibilización social en Galicia. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar