Novas

luns, 08 de novembro de 2021

O goberno local aproba proxectos de reparacións en Acuaciencia e no Parque de Bombeiros

O voceiro do goberno local, Julián Reina, indicou que a Xunta de Goberno Local de hoxe aprobou o proxecto básico e de execución para a reparación de vías peonís, o muro Norte e a casa dos patos do xardín temático do auga do Raíña Sofía por un importe de 107.992,50 euros


O goberno local aproba proxectos de reparacións en Acuaciencia e no Parque de Bombeiros

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o proxecto básico e de execución para a reparación de vías peonís, o muro Norte e a casa dos patos do Parque de Aquaciencia, no Raíña Sofía, tal e como anunciou esta mañá o voceiro do goberno local, Julián Reina. As obras que se levarán a cabo serán a reparación dos pavimentos das pasarelas, a substitucións das pontes, a limpeza e repintado do muro norte, a recuperación da casa dos Patos e a mellora da accesibilidade á central hidroeléctrica. O orzamento total é de 107.992,50 euros (con impostos incluídos). 


Tamén se aprobou a memoria valorada do arranxo do Parque de Bombeiros, que inclúe a substitución de carpinterías exteriores do edificio principal, a substitución das ventás exteriores da planta alta e da zona da caldeira, a substitución da galería da fachada principal, a substitución das portas do garaxe, o pintado das fachadas, o arranxos interiores e pintado, substitución de portas interiores, reforma da cociña, e roupeiro. O voceiro indicou que o orzamento total é de 307.836,96 euros (con impostos). Tamén se aprobou o proxecto técnico de aglomerado do camiño de Julia (Pumar), en Santa Icía. Consiste na adecuación e mellorar do firme actual do viario. Tamén se dotará das infraestruturas acordes aos usos e densidades actuais. O orzamento total de esta actuación é de 26.863,50 euros (impostos engadido).

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar