Novas

mércores, 03 de novembro de 2021

Preto de 300 mozos participaron en ‘Under Ferrol’, que reuniu rap, baile urbano e grafiti no centro cultural Torrente Ballester

A concelleira de Promoción Económica, María Teresa Deus, indicou que se trata dunha nova iniciativa municipal no marco do programa ‘Ferrol, cidade aberta ás expresión’, que busca dinamizar a cidade e promover o tecido económico


Preto de 300 mozos participaron en ‘Under Ferrol’, que reuniu rap, baile urbano e grafiti no centro cultural Torrente Ballester

Preto de 300 mozos participaron a pasada fin de semana en ‘Under Ferrol’, unha das iniciativas incluídas no programa do Concello ‘Ferrol, cidade aberta ás expresións’ que desenvolve, en colaboración con Cites, actividades durante todo o ano co fin de dinamizar a cidade e promover a súa actividade económica. 


A máis recente tivo lugar o pasado sábado no centro municipal Torrente Ballester, onde ao longo de todo o día tiveron lugar actividades arredor do rap, o baile urbano e o grafiti. O fin, explicou a concelleira de Promoción Económica, María Teresa Deus, foi reunir unha mostra de tres das disciplinas artísticas que máis atraen aos mozos a través das cales poden expresar as súas inquedanzas”.

 A edil indicou que ‘Under Ferrol’ é unha iniciativa á que se dará continuidade “tendo en conta a boa acollida que tivo o pasado sábado” e a participaron de artistas locais como Sara Pina e Enma Seoane, ambas alumnas do Bacharelato de Artes no IES Concepción Arenal. Tamén acudiron numerosos profesionais e aficionados da comarca. A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, acudiu ao Torrente Ballester para acompañar aos mozos participantes na xornada. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar