Novas

mércores, 03 de novembro de 2021

Aberto o prazo para que clubs e entidades deportivas soliciten subvencións para o fomento e a promoción do deporte

O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de novembro e o importe total ascende a 159.560 euros


Xa está aberto o prazo de solicitude de subvencións a clubs e entidades deportivas da cidade para o fomento e promoción do deporte ao longo deste ano 2021. Os interesados poden presentar a documentación ata o día 22. O concelleiro de Deportes, Antonio Golpe, lembrou esta mañá que o orzamento ascende a un total de 159.560 euros. Pode atoparse toda a información no Taboleiro de Anuncios do Concello de Ferrol, no enlace https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnuncios


Poderán concorrer a esta convocatoria de subvencións todas as entidades deportivas que cumpran os requisitos e as finalidades da convocatoria e que fomenten e promovan a educación física e o deporte no termo municipal de Ferrol. As axudas económicas destinaranse á realización das actividades desenvolvidas por clubs e entidades deportivas a través de dúas liñas de actuación: a participación en competicións deportivas federadas e as actividades de iniciación deportiva e fomento da práctica deportiva non federada. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar