Novas

martes, 02 de novembro de 2021

O goberno local adxudica as obras de renovación do aglomerado na estrada de Papoi-Mandiá

Os traballos desenvolveranse nun tramo de case catro quilómetros entre o cruce da Pedra e o lugar de Cocheras e terán un custo de case 129.000 euros incluídos impostos. Esta actuación daralle continuidade á realizada o ano pasado na primeira parte da vía, dende a estrada de Catabois, de modo que se completará a mellora de todo o trazado


A Xunta de Goberno Local adxudicou hoxe a execución das obras de aglomerado da estrada de Papoi-Mandiá. Trátase dunha actuación incluída no POS 2020 e o importe total ascende a 128.878,00 euros (incluídos impostos). Os traballos afectarán a unha superficie de 27.000 metros cadrados nun tramo de catro quilómetros de lonxitude, o comprendido entre o cruce da Pedra (DP-3602) e o lugar de Cocheras (DP-3603). 


Esta obra servirá para darlle continuidade á que xa se realizou o ano pasado entre a estrada de Catabois e o cruce da Pedra. Así, entre ambas actuacións acadarase un total de 5,5 quilómetros de novo pavimento nesta vía que ten un elevado volume de circulación.A firma do contrato formalizarase nun prazo máximo de quince días hábiles. Unha vez iniciadas as obras, deberán estar concluídas nun máximo de tres semanas. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar