Novas

martes, 02 de novembro de 2021

O Concello abre mañá o prazo para solicitar as axudas para agasallos de Nadal, que suman un orzamento de 50.000 euros

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, indicou que a achega municipal permitirá cubrir a un millar de menores de ata 16 anos, 50 euros por neno


O Concello abre mañá o prazo para solicitar as axudas para agasallos de Nadal, que suman un orzamento de 50.000 euros

 O Concello vai repartir un total de 50.000 euros en cheques para agasallos de Nadal, cada un de 50 euros. A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, anunciou esta mañá que o prazo para presentar solicitudes abre mañá, 3 de novembro, e será de 10 días hábiles despois de que hoxe mesmo se publicara no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria da subvención (https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/11/02/2021_0000007670.pdf). 


O Concello de Ferrol reparte cada ano estas axudas, e a campaña deste exercicio conta cun orzamento de 50.000 euros, o que permitirá chegar ao millar de menores da cidade de ata 16 anos, tal e como anunciou a concelleira. Os interesados poden atopar as bases e o modelo de solicitude no Taboleiro de Anuncios do Concello, no enlace https://www.ferrol.gal/arquivos/documentos/benestar/agasallosnadal/2021/BASES-AGASALLOS-NADAL-2021.pdf. A inscrición deberá facerse a través do Rexistro municipal. 

Trátase dunha iniciativa municipal cuxa finalidade é que os menores das familias máis desfavorecidas do municipio teñan un agasallo por Nadal e así contribuír a fomentar a igualdade dos pequenos pertencentes a familias que, nestes momentos, teñen unha precaria situación económica, explicou Martínez Montero. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar