Novas

xoves, 23 de setembro de 2021

O alcalde destaca o “potencial turístico” de Ferrol no acto de entrega dos distintivos de calidade Sicted

Ángel Mato indicou no centro municipal Torrente Ballester que “a recuperación do sector na cidade está en marcha” e felicitou ás empresas e entidades polo seu “esforzo”


O alcalde destaca o “potencial turístico” de Ferrol no acto de entrega dos distintivos de calidade Sicted

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, presidiu esta mañá no centro municipal Torrente Ballester o acto de entrega dos distintivos do programa Sicted (Sistema Integral de Calidad Turística Española en Destinos), que promove a Secretaría de Estado de Turismo coa colaboración da Federación Española de Municipios e Provincias. O rexedor, acompañado pola concelleira de Turismo e Promoción Económica, María Teresa Deus, entregou os distintivos a Casa Lexo, Gran Hotel de Ferrol, Hotel Valencia, Ice Galicia, La Bodega de Estrella, Navantia Ferrol e ás guías turísticas Margarita Parada e Isabel Díaz-Robles. Non puideron acudir a recollelo por parte de Surf School e Hotel Real. 


O alcalde agradeceu ás empresas e entidades que participan no programa o seu “esforzo por mellorar a oferta turística da cidade e a prestación dos servizos”, e indicou que a recuperación do sector na cidade está en marcha”. Mato lembrou a “relevancia” do número de visitas rexistradas este verán, que aumentaron respecto ao mesmo período antes da pandemia, en 2019, tanto de turistas como de peregrinos. 

Pola súa banda, a concelleira felicitou aos participantes na iniciativa e indicou que os distintivos contribúen a que “Ferrol se converta cada vez máis nun destino con máis atractivo turístico”. 





Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar