Novas

mércores, 15 de setembro de 2021

O Concello promove saídas de balde guiadas pola Sociedade Galega de Historia Natural

As actividades, no marco do convenio ‘A Biblioteca sae ao medio’ entre a concellería de Educación, que dirixe Antonio Golpe, e a entidade, desenvolveranse os días 18 e 25 de setembro na praia de Doniños e o 24 de abril en xardíns urbanos. Os interesados en participar deben inscribirse nos números de teléfono 698 141 384 ou 881 931 315


O Concello promove saídas de balde guiadas pola Sociedade Galega de Historia Natural

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Educación, que dirixe Antonio Golpe, no marco do convenio de colaboración coa Sociedade Galega de Historia Natural ‘A Biblioteca sae ao medio’ promove tres saídas guiadas de balde á praia e lago de Doniños e aos xardíns urbanos de Ferrol. 


A primeira terá lugar o próximo sábado, 18 de setembro, ao areal ferrolán. Será de noite, de 21 a 00.00 horas co fin de descubrir a natureza na escuridade. O día 25 desenvolverase a segunda saída, tamén a Doniños, neste caso de 10.30 a 13.30 horas, á luz do día. Partirase do estacionamento de Outeiro e percorreranse 3,2 quilómetros. A terceira e última saída será o sábado 24 de abril, de 11 a 13 horas, aos xardíns históricos da cidade co fin de pasear polas especies e flora e fauna que comparten os máis antigos dos espazos verdes de Ferrol. O punto de encontro será o xardín das Angustias e percorreranse 2,90 quilómetros aproximadamente. 

Os grupos serán dun máximo de 20 persoas e a inscrición é obrigatoria. Os interesados en participan deben inscribirse nos números de teléfono 698 141 384 ou 881 931 315. No marco do protocolo covid, será obrigatorio o uso da máscara protectora durante toda a actividade e manter a distancia de seguridade entre participantes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar