Novas

luns, 13 de setembro de 2021

O Concello colabora con Cites na celebración do Día do Chocolate cunha nova acción para dinamizar o barrio da Magdalena

A concelleira de Turismo e Promoción Económica, María Teresa Deus, acudiu esta mañá ao mercado para participar no reparto de centenares de chocolatinas no marco do programa ‘Ferrol, cidade aberta ás expresións’. A edil lembrou que o trazado xeométrico do barrio motiva que que se lle coñeza como a tableta de chocolate


O Concello colabora con Cites na celebración do Día do Chocolate cunha nova acción para dinamizar o barrio da Magdalena

O Concello de Ferrol celebra hoxe en colaboración con Cites o Día Internacional do Chocolate cunha nova iniciativa para dinamizar o barrio da Magdalena, coñecido popularmente como a tableta de chocolate polo seu trazado xeométrico propio do espírito ilustrado do século XVIII, momento da súa planificación. 


A concelleira de Turismo e Promoción Económica, María Teresa Deus, acudiu esta mañá ao mercado da Magdalena para participar no reparto de centenares de chocolatinas aos clientes, unha iniciativa que forma parte do programa ‘Ferrol, cidade aberta ás expresións’ e que ten como obxectivo dinamizar a cidade e estimular o comercio de proximidade. 

A edil lembrou que “Ferrol foi pioneira no urbanismo moderno” e destacou o deseño cuadriculado do barrio, que motiva a súa denominación como tableta de chocolate. “O noso obxectivo é impulsar a actividade económica e comercial do barrio da Magdalena”, un espazo declarado Conxunto Histórico Artístico e incluído na listaxe de bens recollida na candidatura da cidade a Patrimonio da Humanidade da UNESCO. 

Para celebrar a festividade, uns chocolateiros repartiron centenares de chocolatinas polo barrio cun número para participar no sorteo dunha gran chocolatada para catro persoas en calquera dos establecementos especializados da cidade e que será elixido polo gañador. O sorteo terá lugar hoxe ás 21 horas. A concelleira estivo acompañada polo presidente da asociacións de veciños do barrio da Magdalena e membros de Cites.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar